O autor
Ir a EspañolIr a Inglés
Tras un grupo de limícolas, un día de invierno. Foto: José Luis Calleiras.Ultimando detalles. Pasaron varias horas hasta que pudimos fotografiar al Mirlo acuáticoA veces es necesario andar varios km. Hasta llegar al lugar elegido. Foto: Xavier Arauxo “Casca”.Hide de silla. Cómodo y fácil de montar. Foto: Xavier Arauxo “Casca”.Montando el hide para fotografiar Tarabillas. Foto: Xavier Arauxo “Casca”. En una marisma se puede fografiar a una gran cantidad de especies. Foto: José Luis Calleiras.

José Antonio Acuña (Luma)

Vilaboa - Pontevedra (Galicia) - España

Esta páxina xorde dunha pasión pola natureza, en especial, polo esplendor co que esta se ofrece ós nosos ollos en Galicia, que o autor heredou do seu pai biolóxico, home de campo ata os miolos que lle ensinou a mirar con curiosidade o espectáculo dos animais e as plantas.

Pero ademáis desta mirada primixenia e virxe, aprendeu, como moitos da súa xeración (é un home novo do ano 1971), a observación e a paciencia do científico da man do mestre dos documentalistas españois, Félix Rodríguez de la Fuente. Con ambas paternidades xorde o desexo de apresar o instante de arte e espontaneidade que reflicten as súas fotos.

Nos últimos anos a aficción fotográfica deu os seus froitos en varias colaboraciones con Adela Leiro e Mon Daporta nos seus libros de A Nosa Terra sobre a natureza en Galicia: "Espazos naturais de Galicia", "Montañas de Galicia", "Ríos de Galicia", "A costa de Galicia". Publicou fotos e reportaxes sobre natureza na revista “Caza Galega” e ofreceu as súas fotos a un público variado coa exposición "Natureza Galega" que se puido disfrutar en varias cidades galegas. Desde o ano 2001 é socio de AEFONA (Asociación española de fotógrafos de natureza). As súas fotos tamén poden verse en www.fotonatura.org e en www.whytake.net

Fernando Tomé

 

Reflexións

“ Ti dis: Galiza é ben pequena. Eu dígoche: Galiza é un
  mundo...

Vicente Risco

 

Un mundo que inclue unha natureza rica e variada, que acolle numerosas especies autóctonas, outras moitas pouco coñecidas e, seguramente aínda, algúns segredos ben gardados.
Un mundo e un ambiente que se van facer familiares, próximos, grazas á contribución dun paciente, e apaixoado, amante do país e da natureza.

Adela Leiro y Mon Daporta

 

Dedicatorias

A miña muller Rosa pola sua infinita paciencia e comprensión.
A Pablo e Sabela, meus fillos, por facerme ver o mundo con outros ollos.
A meus pais, por todo.

 

Agradecementos

Novosmedios (Deseno Web)
Luar na Lubre (Música)
Eva Lastra (Traducción Inglés)
Adela Leiro e Mon Daporta (Reflexións)
Fernando Tomé (Autor)

aviso legal